Sobre nós
Contaba a miña avoa como chegaban as tecelanas á casa da súa infancia, logo da recolleita do liño, para converter, con mans milagreiras, aqueles fíos dourados en pezas de roupa para a familia. Cos seus ollos de nena vía o que case cen anos despois me contaría a min nas tardes húmidas do inverno, coas súas mans de velliña ocupadas na labor, mentras a miña nai engadía de fondo o son da máquina de coser.
A mesma máquina, coma un testigo inmutable, segue a observarme dende o seu posto de honor na sala principal da casa; e, mentras tanto, eu sorrío cando as miñas fillas rouban retais e alfinetes para os vestidos das súas bonecas.
O nome que levan as miñas creacións rende homenaxe a todas esas mulleres, que crearon coas súas mans expertas tanto as prendas que abrigaban á familia, como aquelas das que presumir o día da festa. As mulleres que nos legaron ó pracer de contemplar un traballo ben feito. As mulleres que nos ensinaron que a calidade está nos detalles.
A todas elas, gracias.
Chelo López Sarceda.
Lugo (España)