Vestiario histórico e de recreación
Temos a profunda convicción de que, ó crear estas roupas, non só estamos confeccionando unha túnica, un cinto ou un amuleto, senón que estamos preservando memorias que, se non se traballan e se reviven, quedarían esquecidas no tempo. A nosa misión é darlles nova vida a todas esas tradicións que foron a base do que hoxe somos como pobo.
Conxunto de liño azul
Recreción do vestiario dunha muller galaica con túnicas branca e azul.
Conxunto de liño laranxa
Recreción do vestiario dunha muller galaica con túnicas branca e laranxa.
Conxunto de liño marrón
Recreción do vestiario dunha muller galaica con túnicas branca e marrón.
Cinto de liño feito con tear
Este cinto foi confeccionado usando a antiga técnica de tear de tabliñas, un método artesanal que achega un toque de autenticidade e precisión en cada detalle.
Desexas participar nun curso de tear? Contáctanos!