Cinto de liño feito con tear
Descubre a beleza e a elegancia dun cinto único, feito a man cun dos materiais máis nobres da tradición antiga: o liño. Este cinto foi confeccionado usando a antiga técnica de tear de tabliñas, un método artesanal que achega un toque de autenticidade e precisión en cada detalle. O debuxo do cinto está inspirado nos debuxos tradicionais galaicos, unha homenaxe á arte e á simbología dos nosos ancestros. Estes patróns, cheos de significados culturais e históricos, reflicten a conexión profunda co noso patrimonio e tradicións, facendo que cada cinto sexa unha peza única e con alma.
Dimensións, 3 metros de longo e 5 cm de ancho.
PVP 300€ (100€/m)
PEZA DISPOÑIBLE SOAMENTE BAIXO ENCARGA
Desexas participar nun curso para aprender a realizar cintos con tear? Contactanos!