Carbatina
As carbatinas son un calzado único e de gran valor histórico, inspirado nas tradicións das poboacións antigas. Feitas a man con coiro ou pel, combinan a elegancia e a resistencia dun deseño atemporal, perfecto para os que buscan un toque de historia e autenticidade no seu calzado.
Recoméndase o seu uso combinado con calcetíns de lá feitos a man, e neste caso considerar a adquisición dunha talla máis á usada habitualmente. É importante tamén ter en conta que, a partir do seu uso, a pel tenderá a expandirse adaptándose ó pé.
Posto que se trata dun artigo realizado a man de forma artesanal, as cores poden variar dependendo do material dispoñible en cada momento.
Dispoñemos, baixo petición, da posibilidade de modificar o tamaño e ancho das mesmas.
PVP
Tallas 17-21, 16€
Tallas 21-29, 30€
Tallas 30-33, 45€
Tallas 34-40, 60€
Tallas 41-46, 70€
Tallas 47-48, 80€